Homenaxe Vítimas do Franquismo
Sábado, 10 de noviembre de 2012. Auditorio de Teo (A Ramallosa)
11:30. Auditorio de Teo, na Ramallosa
Estimad@s compañeir@s:
O próximo sábado 10 de Novembro no Auditorio de Teo (A Ramallosa), celebrarase a “Homenaxe Vítimas do Franquismo” que dende a Asociación Irmáns Liste Forján estamos a organizar.
Trátase dunha xornada de convivencia na que contaremos coa presenza de diferentes artistas e especialistas na materia, así como de loitadores antifranquistas e familiares dos represaliados. Terá lugar ademais a presentación da exposición “Retratos da Memoria” de Alfonso Martínez.
Participarán nesta xornada:
– Familiares de Manuel Ponte Pedreira
– Familiares de Fernando Barcia Veiras (Presidente do Comité Executivo de Defensa da República en Santiago)
– Familiares de Enrique Ares Díaz (Militar e militante da CNT)
– Familiares de Manuel Otero Patiño (Militante do PCE e do SRI)
– Familia de Constante Liste Forján (Tenente Alcalde de Teo)
– Camilo de Dios (Guerrilleiro)
– Familiares de Ramiro Paz Carbajal (Socialista)
– Heriberto Rodriguez Bermejo (Prisioneiro na Illa de San Simón)
– Alfonso Puente Nodar (Prisioneiro na Illa de San Simón)
– Esther Fernández (Evanxelista)
– Familiares de Manuel Puente Porto
– Familiares de José e Remegio Rodal García (militares leais a República)
– Familiares de Bernardo Mato Castro.
– Uxenu Álvarez (Neno da guerra)
– Familiares de Estanislao Pérez Artime
– Genaro Fernández Ares (Militante da UJCE e da JSU e represaliado)
– Olimpia Barcia (Represaliada)
– Familiares Alexandre Bóveda (galeguista asasinado)
– E máis por confirmar….
Contamos tamén con postos informativos de diversas asociacións e disfrutaremos dun xantar popular onde terán lugar diversas intervencións. (Prégase confirmación, para que os cociñeiros poidan prever as súas necesidades)
Se pertencedes a algunha asociación, colectivo social, político, sindical, etc e queredes participar non dubidedes en poñervos en contacto con nós. O prazo para solicitar un espazo remata o vindeiro día 5 de novembro.
Existen uns bonos-axuda compostos por reproduccións duns cadros feitos para a ocasión. O prezo dos bonos-axuda é de 50€ e de 100€. S estás interesado en colaborar con nós manda un correo a asoc.listeforjan@gmail.com
11:30 MESA DEBATE ASOCIACIÓNS DA MEMORIA.
Descanso
13:00 “INSTRUMENTOS DE REPRESIÓN”
– Antonio López Rodríguez (Historiador)
– Alfredo González Ruibal
– Xurxo Ayan (Arqueólogos CSIC)
– Víctor Santidrián (Historiador)
14:00 XANTAR POPULAR
16:30 PRESENTACIÓN
17:00 “DO LOCAL AO CONCEPTUAL”
– Santiago Vega Sombría (Historiador)
– Luis Lamela García (Historiador)
17:30 ACTUACIÓN MUSICAL
Descanso
18:00 “MEMORIA DO36”(Farruco Bernal López e Pilocha) (Fragmento)
18:15 “PEGADAS DA REPRESIÓN”
– Mirta Nuñez Díaz-Balart (Historiadora)
– Anna Miñarro (Psicoanalista)
19:00 A QUENLLA
19: 30 “AS VÍTIMAS DO FRANQUISMO HOXE”
– Ramón Sáez Valcárcel (Maxistrado Audiencia Nacional)
– Pablo Cés (Documentalista, Silenciadas)
20:00 ENTREGA DE AGASALLOS E PECHE
CONCERTO: SOM DO GALPOM!
COLABORAN: SON DIRECTO, Librería Lila de Lilith, Hotel Congreso.